Monday 06 de May de 2024

Comezan as novas sesións de «Merendas no Aquarium»


A inscrición previa deberase realizar o luns 4 de novembro, de 10.00 a 13.00 horas, a través dun formulario electrónico

As novas sesións realizaranse o 9, 10, 23, 24, 30 de novembro e o 1 de decembro, e serán os sábados e domingos de 16.45 a

18:45 horas no Aquarium. A actividade está pensada para nenas e nenos de entre 4 e 13 anos, que realizarán experimentos relacionados coa vida dos seres mariños e despois merendarán no Aquarium.

Para participar hai que se inscribir previamente a través deste formulario electrónico: https://goo.gl/forms/QAjoF6vOSlAtFfip2 entre as 10.00 e as 13.00 horas do 4 de novembro.

Cada participante deberá aboar unha entrada reducida de 4 euros e recibirá unha invitación para merendar. A actividade é gratuíta para as nenas e os nenos socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para titulares da Tarxeta Vente.